Natural de Marín. Con 12 anos comeza os seus estudos de harmonía e solfeo no Conservatorio de Pontevedra. Aos 14 anos comeza a súa formación musical no seu primeiro grupo Los Pontis, completando os estudos musicais de Música Moderna de acordo cos estudos impartidos no Berklee College of Music, dirección, composición e musicoloxía. A súa influencia polo jazz animouno a formar parte do Quarter Huete onde completou o seu nivel de improvisación e instrumentista.
Na súa carreira musical interveu como músico intérprete en:
Los Pontis
Caoba
Zorba
Antoxo
Nazaret
Charleston Big Band
Traballou como arranxista en todas as formacións mencionadas anteriormente e tamén en:
Miramar
Teide
Gran Parada
Passarela
Sintonía
Ademais de produtor e arranxista, compuxo temas propios nos que destaca a composición do Himno de Valladolid, versión de Fran Pahino “Pucela”.
Desde 2022 forma parte da orquestra Salsarena