top of page
JOSE SOMOZA FACHADO

JOSE SOMOZA FACHADO

Arranxista
 

Ségueo

 
Músico destacado e respectado no panorama musical galego, forxou a súa carreira asistindo a clases con grandes músicos do ámbito do jazz e da música latina como Willy Marambio, Chucho Valdés, Randy Brecker ou Walter White, entre outros.
 
Profesionalmente traballou como trompetista, arranxista, director e técnico de son, con algunhas das máis prestixiosas orquestras galegas como Orquesta París de Noia, Los Player's, Orquesta Poceiro, Trovadores, Los Satélites.
 
Intimamente centrado no jazz, realizou numerosas colaboracións como coa Big Band do Conservatorio Superior da Coruña, Filloa Express, Old Dixie Jazz Band e moitas outras formacións.
 
Desde 1997 dirixe a súa propia Big Band (Jose Somoza Big Band), coa que rende homenaxe ás grandes bandas da historia do jazz e á Savoy Club Big Band.
 
Actualmente, mantén unha intensa actividade docente.
 
Colabora como Arranxador coa Orquestra Salsarena desde 2022
bottom of page