Músico e cantante asturiano, mostrou interese pola música dende pequeno.
Estudou guitarra e linguaxe musical na escola de guitarra moderna de Gijón (Asturias) e co paso do tempo comezou a interesarse e estudar outros instrumentos.
Traballou como profesor de guitarra na escola de música do centro educativo Galén e na escola de música municipal de Rábade.
Formou parte de diferentes grupos de pop rock, entre os que cabe destacar "The Three Glicéridos", fundou este grupo homenaxe á música dos anos 60 e 70 xunto cos músicos lucenses Antonio Abuin "Tó" (baterista) e Carlos Doval (baixista), conseguindo unha rápida aceptación por parte do público. Con este grupo realizaron varias xiras, abriron para o grupo “Los Diablos” e tamén acompañaron á artista galega “Sabela”.
Christian tamén formou parte da banda municipal e coral de Guntin de Pallares e das charangas CDV Band (Vilalba) e Son da rúa (Lugo).
No ámbito da música de baile formou parte de formacións como:
-
Orquestra Breixa Band
-
Orquestra Stereo Music Show
-
Grupo Montreal
-
Grupo Elite
-
Grupo Sierra de Luna
-
Orquestra La Potencia
-
Orquestra Tropicana - León
Dos mencionados anteriormente, foi arranxista das orquestras Tropicana - León e La Potencia, así como da banda CDV.
A partir de 2020, pasou a formar parte da Orquestra Salsarena e desde entón continuou na nosa próxima xira de contacto en 2023.